Pasar al contenido principal

A Coruña Goes for Lean axudará a crear negocios innovadores a través da práctica

Símbolo do CPEIG

A Coruña Goes for Lean é un obradoiro práctico de tres días de duración no que os asistentes obterán recursos e coñecementos para poñer en marcha unha idea de negocio innovadora. O Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña organiza a iniciativa os días 21, 22 e 23 deste mes, co apoio do Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Galicia, entre outras entidades..

O obradoiro consta de catro fases: a primeira é unha sesión de pitch de ideas e formación dos equipos de traballo; na segunda, os participantes sairán á rúa na procura de clientes potenciais; na terceira, terán que definir o negocio; e na cuarta e última terán lugar as presentacións e o "investor´s challenge".

Os asistentes aprenderán a coñecer se a idea de negocio vai funcionar, cómo entrevistar a clientes para saber qué é o que queren, elaborar produtos e servizos innovadores que non poidan rexeitar os clientes, deseñar modelos de negocio estables e que xeren ingresos recorrentes e a aplicar de maneira práctica a forma de emprender das star-ups de Silicon Valley, entre outras cuestións.

Haberá un premio para cada un dos equipos que reciba unha mención especial na rolda final.

O evento está organizado por Óscar Valcuente, presidente de Aje A Coruña, Manuel García, CEO de Zarpamos, e Roberto Touza David, fundador de NadieLabs. Conta co apoio de Cowoco e Lance Talente.

O prezo do obradoiro oscila entre os 60€ e os 90€, en función da data na que se apunten as persoas interesadas. Ditos prezos inclúen o xantar da fin de semana. Máis información en http://acorunagoesforlean.webflow.com/.