Pasar al contenido principal

O colexio reúnese coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago

Logotipo da Universidade de Santiago

O CPEIG ven de participar nunha reunión con representantes da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago, na que presentou os seus obxectivos, actividades e situación actual.

O director da escola, Juan Lema, expuxo a súa inquedanza pola falta de atribucións da profesión e polas futuras titulacións, expoñendo as principais modificacións que van a sufrir en todo o que atinxe a competencias, entendidas éstas como os coñecementos, habilidades, actitudes e responsabilidades que describen os resultados do aprendizaxe dun programa educativo.

Ambas entidades suliñaron a importancia de recoller a situación actual dos egresados para ter un mellor coñecemento do estado da profesión e o mantemento do contacto con ese colectivo a través de distintas iniciativas.

O CPEIG ofreceuse como axente externo para a colaboración en charlas, seminarios, orientación laboral e para a ampliación da oferta formativa en aspectos non recollidos nos actuais plans de estudos, como poden ser os orientados á xestión empresarial. A ETSE aceptou o ofrecemento e propuxo orquestar dita colaboración a través da súa Aula profesional.

Xa por último as dúas entidades acordaron profundizar sobre estos e outros temas a través de reunións periódicas e estableceron as liñas mestras para a sinatura dun convenio de colaboración.