Pasar al contenido principal

Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento, recibe en audiencia a Fernando Suárez

Pilar_Rojo

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, entrevistouse o pasado xoves, día 11 de setembro, con Pilar Rojo Noguera, presidenta do Parlamento de Galicia, para expoñerlle os proxectos do Colexio e convidala a asistir á nova edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Na xuntanza, Fernando Suárez trasladoulle a Rojo Noguera as inquietudes do colectivo de enxeñeiras e enxeñeiros informáticos, así como as súas reivindicacións como profesionais e o papel  primordial que desempeñan no desenvolvemento da Sociedade da Información.

No decurso da entrevista, que se celebrou nun ton moi amigable nas dependencias do Parlamento galego, o presidente do CPEIG fíxolle entrega a Pilar Rojo dunha estatuíña representativa do Colexio en nome de todas as colexiadas e colexiados.