Pasar al contenido principal

O CPEIG ofrece tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2014-2015. A entidade colexial continúa así a súa aposta pola formación e a especialización dos profesionais da informática. O prazo límite de recepción das solicitudes para optar ás bolsas remata o día 30 de decembro.

O Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2014-2015 é eminentemente práctico. 

Permítelle ao alumnado obter unha formación cualificada para o deseño e xestión avanzada de páxinas web, produción de recursos multimedia de vídeo, son e fotografía dixital, así coma o contacto co mundo laboral, coa opción de poder realizar estancias de prácticas en diversas empresas, institucións ou grupos de investigación como, entre outros: a Fundación CEER Galicia-Norte de Portugal, Uninova, Idega, Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Feiraco, Granxafamiliar, Galicia Autentica, Agalip, ADAF, Cief-Caixa Galicia, Asociación Ibérica de Sistemas y Tecnologías de la Información, CITA-Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Tecendo Redes, Mmasa Arquitectos, Cáritas e Concellos de Santiago de Compostela e Brión.

En concreto ofrecense as seguintes bolsas: 

  • Unha bolsa de Matrícula do 50% a asociados do Colexio e/ou familiares fillos/as. (500 euros).
  • Unha bolsa de Axuda á Investigación a alumnos/as do Máster SIC para a Tese Fin de Máster en temática relativa a Smart Cities ou Cloud Computing. (250 euros).
  • Unha bolsa de Apoio ás Prácticas Profesionais a alumno/as do Máster SIC en empresas de Enxeñería Informática de Galicia (250 euros).

As persoas interesadas en acceder ás bolsas deberán enviar unha carta-solicitude dirixida ao presidente do CPEIG, na que deberán xuntar o seu CV, copia do DNI ou pasaporte, copia do título universitario e do expediente académico, incluídas as cualificacións. Ademais, achegarán unha copia da acreditación de colexiada/o do CPEIG. Deberán facer chegar a carta-solicitude a presidente@cpeig.org.

O criterio de selección será a nota media que deberá constar na certificación académica oficial presentada.

Para máis información sobre o Máster SIC, cómpre visitar a web do Grupo de Investigación GIST.Idega, da Universidade de Santiago: http://www.gist.es/public/index.php?pid=novas&nova=95&pag=1&otras_pag=1 ou escribir ao email gist-formacion@usc.es