Pasar al contenido principal

Previsión Sanitaria Nacional, nova alianza do CPEIG en materia de plans de pensións

Firma PSN

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Previsión Sanitaria Nacional (PSN), asinaron este 15 de outubro, en Santiago de Compostela, un acordo polo que a aseguradora ofertará entre as persoas colexiadas os seus plans de pensións baixo condicións vantaxosas.

Ao abeiro tamén do acordo, PSN abonaralle anualmente ao CPEIG para as súas actividades de formación e orientación o 0,55% do patrimonio medio xestionado nos devanditos plans. 

Cómpre destacar que os novos colexiados terán a oportunidade de optar a unha nova póliza deseñada especificamente para eles cunha cobertura de accidentes. Do mesmo xeito, os colexiados que se xubilen sendo mutualistas de PSN poderán gozar de 6 noites de estancia en diferentes establecementos hoteleiros.

Así mesmo, PSN comprométese a pór á disposición das enxeñeiras e enxeñeiros colexiados unha serie de empresas e servizos, entre os que destacan as escolas infantís Bicos (Pontevedra e A Coruña).

Asinaron o acordo Fernando Suárez como presidente do CPEIG e Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional.