Pasar al contenido principal

O CPEIG súmase á semana Anita Borg e aos actos organizados pola Facultade de Informática da Coruña

Anita Borg

A Facultade de Informática da Coruña está a organizar unha serie de eventos que se enmarcan dentro da celebración do aniversario de Anita Borg, promovida pola Anita Borg Scholarship Alumni Association (ABSA). Esta asociación, impulsada por Google, reúne a antigas bolseiras da Google Anita Borg Scholarship co ánimo de promover o papel da muller no mundo das novas tecnoloxías. 

Dentro da conmemoración, a Facultade de Informática da Coruña participa e organiza dúas actividades orientadas a públicos de diferentes idades. En primeiro lugar, WikinformáticA, un concurso dirixido ao alumnado de secundaria no que terán que elaborar unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das tecnoloxías da información. Os alumnos participan en grupos coordinados por un profesor do seu centro. O equipo gañador obterá unha impresora 3D patrocinada polo CPEIG e unha visita ás instalacións de R na Coruña. 

Mulleres exemplares

En segundo lugar, os días 28 e 29 de xaneiro, celebraranse unhas xornadas en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero. Neste encontro participarán diversas mulleres de éxito no eido das novas tecnoloxías, que presentarán un programa no que se abordará tanto o éxito empresarial como a pertenza a grupos de desarrolladores ou a imaxe online.

A organización quere agradecerlle á Facultade de Informática, á Oficina para a Igualdade de Xénero, a Elisardo Juncal e á dirección do proxecto ICT Go Girls a súa colaboración na organización dos eventos, así como ao CPEIG o seu patrocinio.

Programa

28 xaneiro

  • 15:45 - 16:00 -- Inauguración 
  • 16:00 - 17:30 -- Carme Miró. CEO de Apple Tree. Entrevista sobre o éxito empresarial e a importancia da imaxe de marca online.
  • 17:30 - 19:00 -- Cristina Gamallo.  Co-fundadora de Situm. Experiencia creando unha empresa innovadora de robótica en Galicia.
  • 19:15 - 20:45 -- Mariel Martínez. GDG Vigo.GDGs en Galicia, Women in Tech, Tech & ladies.

29 xaneiro

  • 16:00 - 17:00 -- Panel: situación laboral das TIC.
    • Laura Castro, profesora e investigadora da Facultade de Informática.
    • Fernando Suárez, presidente do CPEIG.
    • María R. Malmierca, coordinadora de ICT Go Girls e da área de E-learning do CESGA.
  • 17:00 - 17:30 -- Presentación de WikinformáticA e entrega de premio. 
  • 17:30 - 19:00 -- Verónica Ramallal. Fundadora de Pekecha. Imaxe online: social media e marca personal.
  • 19:00 - 19:15 --- Clausura.