Pasar al contenido principal

Xa podes inscribirte no curso Microsoft Project e o PMBOK

Símbolo do CPEIG

As persoas interesadas en aprender a xestionar proxectos cun enforque práctico poden inscribirse xa no curso "Microsoft Project e o PMBOK", que organizarán o CPEIG e Vitae Consultores en Santiago de Compostela.

Serán un total de 4 sesións de cinco horas de duración cada unha delas distribuídas os venres 6, 13 e 20 de febreiro, e o 6 de marzo. Carlos González Jardón será o profesor que imparta o curso, que a organización prevé que sexa válido para obter 20 PDUs de categoría B.

En cantos aos contidos, as xornadas abordarán as fases para a xestión dun proxecto e as súas propias actividades; cómo elaborar os principais entregables desde unha perspectiva de xestión e coñecer cómo Microsoft Project pode acompañar o director do proxecto ao longo do mesmo desde a conceptualización ata o peche.

O custo do curso son 150 euros máis IVE para as persoas colexiadas. Esa cota é bonificable pola Fundación Tripartita.

Aquelas colexiadas e colexiados que desexen inscribirse, poden facelo en marcos@vitaedigital.com ou chamando aos teléfonos: 986 47 21 01 ou 695 69 60 62. A reserva de prazas realízase por rigorosa orde de inscrición.

Está por determinar o lugar no que se impartirá a acción formativa dentro da capital de Galicia.