Pasar al contenido principal

O CPEIG analizará a situación da Enxeñaría Informática nun encontro en Cáceres

Símbolo do CPEIG

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, participará na quinta edición das "Xornadas de Peritaxe Informática", que o Colegio Profesional de Ingenieros Informáticos de Extremadura (CPIIEX) organiza para os días 27 e 28 de febreiro no complexo San Francisco, en Cáceres. O encontro inscríbese na primeira edición da Noite da Enxeñaría Informática estremeña, á que tamén asistirá Juan José González Cid, secretario do noso Colexio.

As xornadas de peritaxe organizadas polo Colexio estremeño porán o acento na análise forense dos dispositivos iOS e Android. Fernando Suárez intervirá o día 27, en calidade de vicepresidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII),  nunha mesa redonda que levará por título A Enxeñaría Informática en Estremadura. Unha visión xeral  e que reunirá a representantes do sector privado, da Administración Pública e da Universidade. 

Corpo Oficial de Peritos

Convén lembrar que o  Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia conta cun Corpo Oficial de Peritos con acreditada formación e experiencia. As súas funcións son as de dar cobertura e cooperar coa Administración de Xustiza segundo o establecido no artigo 335 da Lei de Procesamento Civil e o recollido no artigo 6.h. dos estatutos do CPEIG.