Pasar al contenido principal

O Concello da coruña convida o Colexio á presentación do Proxecto Smart City

Símbolo do CPEIG

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, asistiu o pasado 26 de febreiro á presentación  do proxecto "Coruña Smart City", convidado polo concello herculino. A presentación do proxecto tivo lugar no Centro Ágora da cidade coruñesa e estivo presidida polo alcalde da mesma, Carlos Negreira, diante dunha nutrida representación da sociedade civil e do sector TIC.

Premio CPEIG

Desde a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos, entre eles cómpre destacar o premio Iniciativa da Administración, concedido polos enxeñeiros en Informática no ano 2012 pola aposta do concello herculino pola I+D+i e as novas tecnoloxías. A sensibilidade tecnolóxica amosada avalou á Coruña como a primeira cidade galega en integrarse na Rede Española de Cidades Intelixentes.

Uníronse ao recoñecemento do CPEIG outros coma os enxeñeiros de Telecomunicación galegos ou a Fundación Dintel. O proxecto "Coruña Smart City" tamén mereceu  o interese dos Word Smart Cities Awards como finalista entre 200 iniciativas presentadas ou a mención de honra á mellor Compra Pública Innovadora 2014 por parte da Comisión Europea, que recoñece os procesos de contratación de servizos e produtos máis innovadores de Europa.