Pasar al contenido principal

A AMTEGA convida o CPEIG a intervir nunhas Xornadas sobre Administración Electrónica para Entidades Locais

Símbolo do CPEIG

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, participará o vindeiro luns, 16 de marzo, no primeiro "Encontro de cooperación para o desenvolvemento da administración electrónica", que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galica (Amtega) en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, inaugurará a xornada.

O encontro vai dirixido a todas as entidades locais de Galicia e ten como obxectivo poñer en común as liñas de colaboración coas EELL no eido das TIC, así como abrir un foro para debater sobre temáticas de interese e actualidade neste eido. 

As xornadas terán lugar no salón 175 do Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, na Cidade da Cultura. O horario estenderase de 11.00H. a 18.00H. segundo o seguinte programa

Fernando Suárez intervirá na mesa redondea "Cara a unha cidadanía intelixente", que comezará ás 11.30H., e nunha mesa redonda sobre "Os profesionais TIC no novo contexto dixital",  ás 16.00 H.

Máis información na páxina www.amtega.xunta.es