Pasar al contenido principal

O CCII, colaborador do Congreso de Cidades Intelixentes que se celebrará en Madrid

Logo do CCII

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) é un dos colaboradore do "I Congreso Cidades Intelixentes", que  terá lugar os vindeiros días 24 e 25 de marzo no Centro Cultural Conde Duque, en Madrid. A organización estima que se reunirán máis de 300 profesionais no evento, na que será a reafirmación da capital española como referente nacional nas smart cities. 

A asistencia a este encontro profesional permitirá coñecer as últimas novidades e aspectos sociais, tecnolóxicos, estratéxicos, económicos e legais, ademais de iniciativas e proxectos innovadores relacionados coas cidades intelixentes.

Destaca tamén o compoñente networking de alto nivel do congreso, que lles permitirá aos inscritos participaren no intercambio de ideas e opinións entre os principais axentes implicados no desenvolvemento das cidades intelixentes, como son os expertos participantes nas conferencias maxistrais, mesas redondas, sesións de relatorios e outros asistentes.

O "Congreso Cidades Intelixentes"está organizado polo Grupo Tecma Red e a Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), e conta co apoio Institucional de Madrid Emprende do Concello de Madrid; a Secretaría de Estado de Telecomunicacións (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo); a Dirección Xeral de Innovación e Competitividade (Ministerio de Economía); a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo (Ministerio de Fomento); a Oficina Española de Cambio Climático (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente), e o CEAPAT-IMSERSO (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).

O comité técnico do congreso valorou as máis de 120 comunicacións presentadas e analizou as diferentes propostas ata confeccionar o seguinte programa.