O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Analise Forense en dispositivos Móbiles, ofertando un total de 20 prazas.
O obxectivo do curso é aprender as novas técnicas de adquisición, preservación e análise en dispositivos móbiles. Neste curso os asistentes poderán adquirir os coñecementos necesarios e ferramentas coas que abordar con éxito unha análise forense.
O curso ten unha duración de 30 horas e está orientado a técnicos, técnicos especialistas, informáticos, técnicos e responsables da seguridade da información, analistas forenses, peritos xudiciais e peritos informáticos. Tamén a calquera entusiasta da tecnoloxía.
Contidos
- Tarxetas SIM/USIM
- Descrición e arquitectura interna
- Datos nos cartóns SIM/USIM
- Clonado físico de cartóns SIM
- Adquisición de evidencias
- Dispositivos windows phone
- Arquitectura de Windows Phone
- Estructura da memoria
- Estructura de ficheiros
- Arquitectura interna e modelo de seguridade
- Sistema de arquivos iNTFS
- Recovery
- Tarxetas SD
- Adquisición de evidencias
- Clonados vs arquivos
- Ferramentas de extracción.
- Utilidades comerciais
- Dispositivos Blackberry
- Arquitectura interna e modelo de seguridade
- Sistema de arquivos
- Tarxetas SD
- Adquisición de evidencias
- Modelos non convencionais
- Chip Off
- Reanimate
- Dispositivos IOS ‐ iPhone
- Adquirindo a evidencia dixital
- Adquisición dende un Backup de iTunes
- Adquisición dende iCloud
- Adquisición de copia bit a bit
- Adquisición de copia lóxica
- Análise da evidencia adquirida
- Análise de Contactos, Chamadas, Mail, Fotos e Videos, Mensaxes de Texto, Notas, Calendario de Eventos, Navegación desde Safari, Spotlight, Mapas, Notas de Voz, Preferencias do Sistema, Logs do Sistema, Diccionarios Dinámicos, Aplicaciones Third Party, Información Eliminada
- ¿Novedades en iOS 8 a analizar?
- Análise Con Ferramentas libres ou gratuitas
- Análise Con Ferramentas Comerciais
- Adquirindo a evidencia dixital
- Dispositivos Android
- Android Internals
- Sistema de arquivos YAFFS2
- Información e configuración do sistema
- Dalvik VM vs ART
- Adquisición de evidencias
- Análise da memoria
- Bloqueo/desbloqueo do dispositivo
- Emuladores: SDK & Genymotion
- Os Logs en Android
- As aplicacións en Android: Estructura interna de APKs
- Análise forense de aplicacións
- Malware en android
Relator
Pedro Sanchez. Enxeñeiro Informático. Traballou en importantes empresas como consultor especializado en Computer Forensics, Honeynets, detección de intrusións, redes trampa e pen-testing. Implantou normas ISO 27001, CMMI (nivel 5), PCI-DSS e diversas metodoloxías de seguridade especialmente no sector bancario. Durante mais de dez anos estivo como Responsable de Seguridade da Asociación Técnica de Caixas de Aforros.
Tamén colabora sobre seguridade, peritaxe e análise forense informático con diversas organizacións comerciais e coas forzas de seguridade do estado.
Participou nas xornadas JWID/CWID organizadas polo ministerio de defensa, onde lle concederón a certificación OTAN SECRET.
Actualmente é membro da Spanish Honeynet Project, fundador de Conexión Inversa e traballa como Information Security and Forensics Consultant para dúas grandes compañías como Bitdefender e Google Inc. Tamén é Perito Xudicial Informático adscrito á Asociación Nacional de Tasadores e Peritos Informáticos Xudiciais e autor do blog CONEXIONINVERSA.
Lugar e calendario
O curso impartirase o 18, 19, 25, 26 de Setembro, 2, 3, 9, e 10 de Outubro.
Os venres 18, 25, 2 e 9 o horario sería de 17:00 a 20:30. Os sábados 19, 26, 3 e 10 sería de 9:30 a 13:30
Celebraráse en Santiago de Compostela.
Inscrición
Número de prazas
O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.
Cota de inscrición
O importe da cota de inscrición é o seguinte:
- Membros colexiadas/os do CPEIG e CPETIG, e estudantes de Enxeñería Informática dos últimos cursos: 300€ (se se precisa factura de servizos incrementarase co correspondente IVE)
- Alumna/o de empresa Cluster TIC Galicia: 420 € + IVE
- Outro Alumnado: 680€ + IVE
Procedemento de inscrición
Para inscribirse debera de cumplimentar o seguinte formulario.
O procedemento de pago da cota é o seguinte:
-
Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.
-
Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 16 de septembro na conta corrente de "la Caixa" ES22-2100-2954-7502-0008-5712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Móbiles").
O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.
No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.
A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.
Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.
Requisitos complementarios
-
Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.
-
Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.
-
Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.
Contacto
Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org.
(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.