"Lexislación e oportunidades do uso dos drons" é o título da xornada que analizará en Santiago (día 17 de setembro) e en Ourense (día 18 do mesmo mes) o marco xurídico e outros aspectos relacionados cos vehículos aéreos non tripulados. O CPEIG, a Universidade de Vigo e os Colexios de Avogados de Ourense e Santiago impulsan a iniciativa co apoio da empresa RKDrones e a colaboración da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
A inscrición á xornada é gratuíta. Aquelas persoas interesadas poden consultar as seguintes páxinas para se inscribiren: http://dronesOurense.eventbrite.es e http://dronesSantiago.eventbrite.es
Programa
A edición de Santiago, con horario de 16.00 H a 20.00H, terá lugar no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, consonte ao seguinte programa:
16.00 Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e o presidente do CPEIG.
16.15 "Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador". Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
17.15 Pausa-café
17.45 "Responsabilidade civil dos operadores de RPAs e o seu aseguramento obrigatorio". María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.
18.45 "Drons para todos. Ámbitos de Aplicación". Representante da empresa RKDrone.
19.15 Mesa redonda
20.00 Peche da xornada
Por outra banda, a edición de Ourense, que se celebra un día despois, terá como escenario o Salón de Actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus ourensán, co seguinte horario:
09.45 Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Ourense e o presidente do CPEIG.
10.00 "Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador". Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
11.00 Pausa-café.
11.30 "Responsabilidade civil dos operadores de RPAs e o seu aseguramento obrigatorio". María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.
12.30 "Drons para todos. Ámbitos de Aplicación". Representante da empresa RKDrone.
13.15 Mesa redonda
14.00 Peche da xornada.