Pasar al contenido principal

O CPEIG, entidade colaboradora do congreso GALICIATIC, que terá lugar o 28 de outubro en Santiago de Compostela

Símbolo do CPEIG

Galiciatic, congreso no que se amosa o avance tecnolóxico do sector TIC e que serve tamén de plataforma de debate sobre o mesmo, terá lugar o vindeiro 28 de outubro e, entre outras entidades colaboradoras, contará co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

As novidades da presente edición estarán en relación á transformación dixital das organizacións (Big Data, Mobile Cloud e IoT) e tamén sobre as tecnoloxías máis innovadoras que desenvolven empresas galegas. 

Pretendese amosar as tendencias máis actuais nas tecnoloxías TIC, desde o punto de vista da oferta global, que sexan de interés para o sector empresarial e profesional, e melloren a experiencia do cliente. Para elo propoñense unha serie de temas de gran actualidade que poidan atraer a atención do mundo profesional, empresarial e académico de Galicia en torno ás TIC.

Ano tras ano, o encontro conta cunha ampla acollida entre os profesionais do eido  TIC de Galicia polo prestixio dos conferenciantes e as experiencias que reúne.

Galiciatic terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.