Pasar al contenido principal

Riscos e vantaxes das novas tecnoloxías e obradoiros para grandes e pequenos, mañá martes en Vigo

Logo Rapaciñ@s

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015.- Mañá martes, 20 de outubro, o Edificio Municipal da Rúa Oporto –antigo Reitorado da Universidade de Vigo- acollerá a xornada Rapaciñ@s, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O horario do evento –que é gratuíto- vai de 19.30 H. a 20.30H.

Nais, pais e docentes aprenderán as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os riscos que tamén presentan. Namentres os adultos asisten a unha charla dun colexiado do CPEIG, os nenos participan nuns obradoiros lúdicos ao tempo que moi didácticos sobre navegación segura e protección de datos. 

Rapaciñ@s  é un ambicioso programa que consta dunha serie de charlas informativas que percorre Galicia da man das colexiadas e colexiados do CPEIG. Por unha banda, familias e tamén docentes atopan información e recursos de interese; por outra,  ne-nas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolven a súa crea-tividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan.

Para asistir ás conferencias e obradoiros non é necesaria inscrición previa e as prazas cubriranse por orde de chegada.Cómpre que as nenas e nenos leven unha tablet ou un smartphone para participar nos obradoiros.

Sobre o CPEIG

O CPEIG é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con máis de 350 persoas colexiadas.