Pasar al contenido principal

O CPEIG, o Valedor do Pobo e Educación colaboran nunha xornada para evitar a ciberviolencia de xénero

Símbolo do CPEIG

Co gallo do día 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o CPEIG, o Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria colaboran nunha xornada que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro luns, día 23.

Os propios rapaces, de entre 12 e 16 anos anos de idade, participarán na xornada para que acheguen as súas impresións  sobre o ciberacoso nas aulas. O encontro vai dirixido tamén aos equipos de orientadores dos centros educativos. A asistencia ao evento é mediante convite previo.

PROGRAMA

  • 10.30 h Recepción e entrega de documentación
  • 11.00 h Inauguración
    • Milagros Otero Parga. Valedora do pobo
    • Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    • Pablo Cameselle Martínez. Adxunto da Valedora do Pobo
  • 11.30-12.30 h. Relatorio: A Policía Nacional nas redes sociais, novas ferramentas de interacción cos adolescentes Carolina González García. Inspectora Community Manager do Corpo Nacional de Policía
  • 12.30 h- 12.45h Pausa café
  • 12.45 h -14.00 h Mesa redonda: O sexting como práctica de risco entre os menores
    • Modera: Pablo Cameselle Martínez. Adxunto á Valedora do Pobo
    • Interveñen:
      • Fernando Suárez Lorenzo, Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
      • Adelino Pose, director IES Xulián Magariños de Negreira e membro do Consello Galego de Convivencia Escolar (representante dos directores)
      • Teresa Egerique Mosquera, doutora da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra (Universidade de Vigo)
      • Sonia Rodríguez-Boente. Profesora de Filosofía do Dereito (Universidade de Santiago)
  • 15.30 h-16.30 h SESIÓNS DE TRABALLO
    • Sesión 1: Violencia e control. Modera: Fernando Suárez Lorenzo, Presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
    • Sesión 2: Xestión da intimidade. Modera: Teresa Egerique Mosquera, doutora na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra da Universidade de Vigo
    • Sesión 3: Prevención do ciberacoso (orientadores) Modera: Fátima García, xefa do Servizo de Formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • 16.30 h -17.00 h Elaboración de conclusións por parte dos grupos de traballo
  • 17.00-17.30 h Lectura de conclusións Coordina: Sonia Rodríguez-Boente. Profesora de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago
  • 17:30h Clausura e peche

RELACIÓN DE CENTROS PARTICIPANTES

  • IES Castro Alobre. Vilagarcía
  • IES Fin do Camiño. Fisterra
  • IES Alfonso X O Sabio. Cambre
  • IES Sardiñeira. A Coruña
  • IES Plurilingüe Xose Neira Vilas. Oleiros
  • IES Milladoiro. Ames
  • IES Xulián Magariños. Negreira