Pasar al contenido principal

O CPEIG colabora coa EGAP para conseguir unha administración sen papel

Clausura curso administracion electronica

O pasado 26 de novembro tivo lugar o acto de entrega de diplomas aos alumnos do curso Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo. Á entrega asistiron, ademais do alumnado, Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública; Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e director do curso.

O CPEIG, en colaboración coa EGAP e a Amtega,  organizou o curso de Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo, cunha oferta de 50 prazas. Esta actividade formativa afondou, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, con especial énfase no arquivo electrónico, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. 

A duración do curso, de carácter gratuíto, foi de 114 horas (30 de prácticas presenciais e 84 horas de teleformación).