Pasar al contenido principal

O "Programa de formación a docentes" impulsado polo CPEIG e a Xunta pretende un cambio de modelo educativo

Formacion docentes

O "Programa de formación a docentes" deu comezo o pasado día 23 de febreiro en Santiago de Compostela dentro do convenio asinado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Unha centena de profesoras e profesores asistiron á primeira sesión, que tivo lugar na Cidade da Cultura.  En total, a previsión é que 500 docentes se formen ao abeiro da iniciativa.

O convenio insírese dentro dos obxectivos do CPEIG de lograr a incorporación de toda a sociedade aos novos recursos tecnolóxicos da información e das comunicacións, e a implicación dos cidadáns galegos na utilización das novas tecnoloxías como factor xerador de novas capacidades, de emprego e de desenvolvemento económico. 

Este proxecto, sumado a outros postos en marcha pola Xunta de Galicia, pretende acadar un cambio no modelo educativo por medio da transformación dos centros de ensinanza tradicionais en centros de ensinanza dixitais.

Contidos

A formación dirixida aos docentes é preferentemente sobre protección de datos de carácter persoal e capacitación para a introdución da programación no currículo educativo.

O material que se utiliza nestas xornadas formativas e os relatores das mesmas son achegados polo CPEIG. Entre outros documentos, cómpre destacar o uso da Guía LOPD.

Entre as  temáticas  formativas inclúense: servizo de revisión e actualización continua da Guía LOPD, a raíz das novas consultas, normativa e casuística expostas; cursos formativos de protección de datos e cursos formativos en materia de programación.

Calendario da formación:

A continuación, detállanse as cidades e datas que acollerán o "Programa de formación a docentes"  impulsado polo CPEIG:

Santiago de Compostela, 23 de febreiro.

  • A Coruña, 29 de marzo.
  • Pontevedra, 31 de marzo.
  • Vigo, 7 de abril.
  • Lugo, 6 de abril.
  • Ferrol, 11 de abril.
  • Ourense, 13 de abril.