Pasar al contenido principal

Levamos unha xornada formativa á Academia Galega de Seguridade, na Estrada

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) levou á Axencia Galega de Seguridade (Agasp) unha xornada formativa dirixida a un cento de axentes da Policía e Garda Civil, a través da colaboración do Colexio coa Delegación do Goberno en Galicia. Na inauguración participaron, entre outros, o secretario xeral da Agasp, Ramón Quiroga, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

O curso, realizado o pasado 21 de abril na sede da academia, sita na Estrada (Pontevedra), inscribiuse no "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas" e respondeu á colaboración emprendida recentemente entre a Delegación do Goberno e o noso colexio. Asistiron un total de cen gardas civís e policías.

Fernando Suárez Lorenzo, presidente do CPEIG, e Pilar Vila Avendaño, vogal e presidenta da Comisión de Peritaxe do CPEIG, foron os relatores da charla, que  abrangueu desde unha análise da Lei de Protección de Datos ata a garantía de contidos nas webs e redes sociais, pasando pola protección de datos en menores e centros educativos, entre outros aspectos de interese.