Celebrarase un coloquio virtual con catro galegas que investigan, traballan e emprenden coas TIC no que o alumnado poderá participar en directo desde os seus centros escolares
Colaboramos coa primeira edición do Noroeste Agile 2019 (NOA), un evento para compartir e intercambiar coñecementos e experiencias sobre o mundo Agile. Trátase dunha oportunidade inmellorable para crear comunidade e establecer un camiño de colaboración entre o ecosistema formado por empresas e profesionais con interese en Agile, co obxecto de mellorar no deseño e desenvolvemento de produtos. Celebrarase o 30 de Marzo nos cines Cinesa de Marineda City, de 9:00 a 14:30 horas. #PatrocinadorCastelao
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) colabora con SF Formación, xunto ao Colegio de Abogados de A Coruña (ICACOR) a World Compliance Association e Smart Human Capital, na organización do Congreso de Cibercrime e Seguridade Informática, que se celebrará os días 22 e 23 de maio no salón de actos ICACOR (rúa Federico Tapia 11, baixo. A Coruña).
Nos anos sesenta conseguiu abrirse camiño "con valentía e carácter emprendedor" nunha profesión masculinizada
Fernando Suárez, presidente: "Nun presente e futuro dixitais é preciso normalizar a presenza da muller en todos os ámbitos da profesión"
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Colexio celebrou un acto conmemorativo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC onde se lle fixo entrega a súa familia dunha figura institucional
Xa se pode realizar a inscrición gratuíta e planificar a asistencia ao Congreso anual que a Asociación @asLAN organiza os días 3 e 4 de abril de 2019 no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
Coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas, e como transformar as organizacións, son os grandes retos na nova era dixital e o foco principal do Congreso & EXPO ASLAN2019.