A catedrática de Farmacia María José Alonso recibiu este serán o galardón

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013.- Gerard López, o coñecido empresario de orixe galega propietario do equipo de Fórmula 1 Lotus, visitará o CiTIUS o próximo mércores 23 de outubro para ofrecer unha conferencia sobre emprendemento e iniciativa empresarial. Presidente e socio fundador da firma Genii Capital -unha compañía dedicada ao investimento, con sede en Luxemburgo-, López é tamén Socio Director de Mangrove Capital Partners, empresa de capital risco especializada en tecnoloxía.
«De Skype ao ceo»: unha conferencia autobiográfica

En virtude do acordo de colaboración entre o CPEIG e a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), as/os colexiadas/os poden asistir de forma gratuíta ó novo Cine Forum Empresarial, que se celebrará o vindeiro luns 14 de outubro en A Coruña, e o martes 15 en Vigo, a ver a película "Jobs", protagonizada por Ashton Kutcher, que nos presenta ao visionario icono de Silicon Valley, Steve Jobs, dando a coñecer un dos momentos mais decisivos deste hippie rebelde, as súas motivacións e as persoas que compartiron con él a súa aventura vital.