Pasar al contenido principal

O CPEIG asistiu este mércores día 10 á xornada de acollida na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asistiu este mércores día 10, en representación das persoas colexiadas, á xornada de acollida prevista pola Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, dirixida ao alumnado. O acto tivo lugar no Salón Marie Curie do Edificio Politécnico a partir das 10.30 horas.

A xornada constou da benvida e presentación do equipo directivo, dunha exposición sobre o grao de Enxeñaría Informática e da comunicación do Plan de Acción Territorial, entre outros puntos. Así mesmo, o alumnado puido coñecer, a través dunha presentación, todos os servizos que lle ofrece o Campus de Ourense.

Posteriormente, o xoves día 11, un representante do CPEIG participará na mesa redonda As profesións informáticas e o papel dos colexios profesionais, xunto co presidente do CPETIG. O encontro desenvolverase tamén no Salón Marie Curie do Edificio politécnico, a partir das 10.00 horas.

A través da representación oficial do CPEIG nos actos académicos coma os previstos na presente semana, o colexio procura a súa visibilidade non só no eido profesional, senón tamén entre o estudantil para divulgar a importancia da colexiación entre os novos profesionais e informarlles dos beneficios de pertencer ao CPEIG.