O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia abriu o prazo de inscrición da súa programación 2023-2024 para os cursos e xornadas técnicas.

O CPEIG colabora no Corunna Innovate Summit, un foro sobre a revolución que desencadearon a intelixencia artificial, a ciencia de datos e o Internet das cousas. Celebrarase os días 26 e 27 de outubro na Cidade das TIC na Coruña coa participación de recoñecidos expertos na materia.
Inscricións: https://corunna2023.dataspartan.com/es/home/
Á actual Xunta de Goberno do CPEIG, ven de convocar eleccións á Xunta de Goberno do CPEIG, o vindeiro 18 de novembro de 2023, unha vez transcurrido o período de catro anos de duración dos cargos.
Pode consultar á información sobre a convocatoria na seguinte ligazón:
https://cpeig.gal/colexio/asemblea-xeral/asemblea-xeral-extraordinaria-2023-3
O presidente do Colexio, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver o programa “Navega con rumbo”
Realizaranse 240 xornadas divulgativas en centros escolares para o alumnado, profesorado e familias co fin de evitar o ciberacoso e outros perigos da rede
Este sábado, 30 de setembro, celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática de España (CCII) na que se elixirán aos membros da Xunta de Goberno. Será a partir das 10 horas na Real Academia de Ingeniería en Madrid.
Máis información: https://ccii.es/noticias/644-convocatoria-de-elecciones-en-el-consejo-g…
A asesoría Fisela e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizarán o vindeiro 27 de outubro a xornada “Mobilidade internacional de traballadores: as claves da súa xestión”. A actividade celebrarase de 8:45 a 14:00 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
A xornada centrarase en coñecer os aspectos máis importantes e prácticos nos que deben reparar aquelas empresas que presenten esta casuística. Contarase con grandes profesionais expertos na materia.
O presidente do #CPEIG, Fernando Suárez, participou o venres, 22 de setembro, nunha xornada sobre a convivencia positiva e prevención de conflitos, organizada pola Xunta de Galicia e celebrada na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Falou sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, facendo referencia ao estudo realizado por UNICEF, a Universidade de Santiago de Compostela e o CPEIG.
A Fundación GoodJob celebrará o vindeiro mércores, 18 de outubro, un webinar sobre as súas accións de voluntariado, “Programa de voluntariado #IMPACT”, onde explicará os seus programas de base tecnolóxica, así como o labor das persoas voluntarias, os distintos roles que se poden ocupar e como facerse voluntarios e voluntarias. O encontro dixital comezará ás 18:00 horas.