Pasar al contenido principal

VICON 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é un dos patrocinadores do Congreso de Ciberseguridade Vigo 2023 (VICON) que se celebrará o 28 e 29 de abril no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo. O evento está destinado a dar visibilidade aos profesionais e empresas de ciberseguridade na comunidade autónoma. Celebranse talleres e charlas distendidas de seguridade informática, con un posterior networking entre relatores e asistentes.

Foro Galicia ISMS Forum

O Capítulo Galego de ISMS Forum celebrou o 12 de abril a IV edición do Foro Rexional de Galicia Abanca Auditorium na rúa Riego de Agua, 3 da Coruña. Interviron , entre outros, Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que abordou os desafíos que formula a Intelixencia Artificial en materia de privacidade e seguridade.

Superordenador Finisterrae III

A undécima edición do “Día Internacional das Rapazas nas TIC 2023” (International Girls in ICT Day) celebrouse o 27 de abril nunha completa xornada organizada pola Secretaria Xeral de Igualdade, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), dependente da Axencia Galega da Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O acto foi inaugurado polo director do Cesga, Lois Orosa, e contou coa intervención da conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Día das Rapazas nas TIC 2023

As tecnólogas Mariamo Mussa Juane, Esther Medina, Alba Meijide e Carmela Troncoso falarán das súas experiencias profesionais nunha multiconferencia

Estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia participarán en obradoiros tecnolóxicos e coñecerán o superordenador Finis Terrae III situado no centro de supercomputación

TaxDown

A campaña da renda está á volta da esquina, xa que comeza o 11 de abril. Ao ser un tema tedioso, longo e pouco gratificante, desde o CPEIG queremos axudar aos nosos colexiados/as.

Poderedes facer a declaración da renda en 15 minutos con TaxDown e con descontos especiais.

Olimpiada Nacional Madrid 2023

Un dos gañadores da Olimpíada Informática Galega 2023, Óscar Carballo Puebla, estudante de formación profesional do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña e natural de Castro de Rei (Lugo), conseguiu unha medalla de bronce na Olimpiada Informática Española (OIE) que se celebrou esta fin de semana en Madrid, situándose no posto número 11 con 446 puntos (outorgáronse catro medallas de ouro, outras catro de prata e outras tantas de bronce). 

Xornada coa Delegación do Goberno en Galicia

Fernando Suárez, presidente: “As estafas telemáticas crecen a un ritmo dun 50% anual en Galicia. Dispoñemos de grandes profesionais, polo que debemos situarnos como referente e transmitir á cidadanía confianza no uso cotiá dos medios tecnolóxicos”

A vogal do Colexio, Pilar Vila Avendaño, participou nunha mesa de debate e falou da cadea de custodia de evidencias dixitais

Premio TFM

O TFM gañador está dotado con 1.000 euros

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar propostas ata o 21 de abril e o premio entregarase no marco da "15 Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 16 de xuño en Santiago de Compostela

Convenio Navega con Rumbo 2023

O presidente do Colexio, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinan un convenio para o desenvolvemento da undécima edición desta iniciativa

Guíase aos rapaces cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede

XV NOITE

Reuniranse uns 350 convidados entre profesionais de empresas TIC, corpo colexial e autoridades, coa finalidade de visibilizar a profesión de enxeñaría en informática