Pasar al contenido principal

Dous traballos do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra gañan o concurso de programación de Rapaciñ@s

Logo Rapaciñ@s

Dous traballos presentados por alumnado de 1º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra resultaron gañadores da primeira edición do concurso de programación organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do evento tecnolóxico Rapaciñ@s.

Os proxectos consisten en historias sobre o Día das Letras Galegas en formato story telling e utilizando a ferramenta Scracht. O colexio recibirá dous kits de robótica como premios a cada un dos traballos. 

A través desta iniciativa o CPEIG e a Amtega buscan potenciar o uso das ferramentas tecnolóxicas entre os máis novos, como unha vía máis para desenvolver a súa creatividade.