Pasar al contenido principal

O CPEIG asina un contrato con Andavira Editora para distribuír o libro "Historia da Informática en Galicia"

Andavira

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asinou recentemente un contrato coa empresa Andavira Editora S.L. para distribuír o libro "Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía". 

Ao abeiro do acordo firmado por Lucila Ventoso Casais, directora de Andavira Editora S.L., e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, o prezo de venda do libro queda fixado en 30 euros, incluído o IVE. As persoas e entidades interesadas no volume poden solicitalo a través do correo electrónico  info@andavira.com

No caso das colexiadas e colexiados, o único pago que deben facer corresponde aos gastos de embalaxe e envío que serán de 6€ (IVE incluído) por libro a entregar na Península e 10€ para entregas nas Illas Baleares, Canarias e Portugal. Asemade, as persoas colexiadas poden conseguir o libro no centro de negocios onde se atopa a sede do Colexio (Fernando III O Santo, 13, 1ºA, Santiago de Compostela) e tamén na ESEI en Ourense e na FIC na Coruña sen gasto ningún; Para isto chega con que envies un correo a punto.recollida.libro@cpeig.gal indicando o punto de recollida desexado (sede CPEIG, ESEI ou FIC), e os datos da/o colexiada/o.

O volume, presentado o pasado verán polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, naceu baixo a coordinación de Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e membro da Xunta de Goberno do CPEIG, e polo presidente deste colexio, Fernando Suárez Lorenzo.  Henrique Neira é o responsable da edición dos textos.