Pasar al contenido principal

Coorganizamos o María Pita DefCon, congreso sobre seguridade informática e visibilización da muller

María Pita

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é coorganizador, Xunto coa Facultade de Informática da Coruña (FIC), do María Pita DefCon, un evento centrado na seguridade informática e a visibilización da muller no eido das TIC. O congreso terá lugar na FIC do 6 ao 12 de marzo.

O encontro reunirá os mellores relatores da seguridade informática, tanto a nivel local como nacional. Cunha participación estimada de 500 visitantes únicos, María Pita DefCon contará cun gran número de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo da semana.

A organización do evento, que conta co apoio de múltiples entidades, agarda que sexa o encontro máis importante a nivel galego sobre seguridade informática e visibilización e integración da muller no ámbito das TIC.

Motivación
A desaparición por falla de financiamento dun congreso de temática similar que se viña celebrando ata agora na mesma localización, a alta demanda de perfís de seguridade informática dentro do sector e o interese mostrado por diversas entidades, tanto públicas como privadas, na celebración dun novo evento de similares características motivaron a creación da María Pita DefCon.

 

Toda a información do encontro pode consultarse no seu sitio web (http://www.mariapitadefcon.es e na conta de Twitter (@mariapitadefcon).