Pasar al contenido principal

A FIC acollerá o martes 17 a presentación do Programa de Formación en Unity3D para Desenvolvementos en Industria 4.0

DefCon

O vindeiro martes, día 17 ás 18:00 horas, á Aula de Graos da Facultade de Informática da Coruña acollerá a xornada informativa sobre o Programa de Formación en Unity3D para Desenvolvementos en Industria 4.0.

UNITY3D é o software de programación por excelencia para contornos de simulación en 3D que conseguiu ampliar o seu nivel de aproveitamento cara a outras industrias como a médica, a naval, a automoción ou a arquitectura, ademais dos videoxogos. Este programa ten como obxectivo complementar a formación de programadores informáticos profesionais.

Trátase do primeiro programa formativo destas características impartido en Galicia e conta co  apoio do IGAPE-Xunta de Galicia, a través de Fondos UE,  no seu compromiso por conseguir emprego de calidade. Esta acción formativa ten carácter gratuíto para todos os asistentes. 

É unha oportunidade inmellorable para todos aqueles programadores informáticos que desexen ampliar os seus coñecementos ou introducirse no mundo da realidade virtual e as contornas de simulación en 3D. O curso será impartido por Gato Salvaje Studio, estudo de videoxogos pioneiro na materia e con varios premios no seu haber.

 Se tes calquera dúbida ou non podes asistir á xornada de presentación, contacta co estudo a través do teléfono 881 92 82 86 ou no enderezo de correo "formacion4.0@gatosalvajestudio.com".