Pasar al contenido principal

O CPEIG colabora co Concello de Celanova na posta en marcha dun obradoiro de emprego

Concello Celanova

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia  (CPEIG)  colaborará co Concello de Celanova e a Consellería de Economía, Emprego e Industria na posta en marcha do obradoiro de emprego "Novicrea 4.0 novos vieiros de emprego", segundo figura na acta de constitución do grupo de traballo mixto creado a tal fin. 

A finais de agosto do presente ano constituíuse o mencionado grupo de traballo entre a entidade Concello de Celanova e a Consellería de Economía para "a selección de persoal directivo, docente, apoio e alumnado-traballador do obradoiro de emprego "Novicrea 4.0 novos vieiros de emprego", tal e como consta na acta. 

Nesas mesmas  datas requiríuselle ao CPEIG a elaboración do formulario para a proba de nivel dirixida ao alumnado-traballador, en concreto a do nivel de coñecemento en informática. A proba consistirá en 20 preguntas tipo test relacionadas coas especialidades convocadas. 

Esta colaboración inscríbese na liña de traballo deseñada polo CPEIG de apoio a todas aquelas entidades e organizacións que requiran do asesoramento externo do ente colexial que representa os profesionais da enxeñaría en informática.