Pasar al contenido principal

A EGAP convoca un Curso superior de Administración electrónica no que colaboramos

Escola Galega de Administracion Publica

Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, con especial énfase no arquivo electrónico administrativo, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán, desde distintas perspectivas, a Administración electrónica para que as persoas a que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do Dereito, completando a súa foramción no dereito da informática. 

Modalidade:mixta
Prazas: 50

Lugar: EGAP, Santiago de Compostela

 

Datas: desde o 30 de outubro ata o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG)

Duración: 114 horas lectivas (30 presenciais e 84 en teleformación)

Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías: 

o    grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario

o    grupos I e II do persoal laboral

o    grupo C do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia que estea en posesión do título de ciclo superior de formación profesional relacionado coa informática.

Matrícula: desde as 8 horas do 14 de outubro ata as 23 horas do 24 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula.  Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.

Máis información no DOG do 13 de outubro ou na ficha do curso