Pasar al contenido principal

Windows 7 será táctil

Logotipo de Microsoft

Bill Gates e Steve Ballmer, presidente e conselleiro delegado de Microsoft, mostraron os primeiros detalles da próxima versión de Windows, que estará optimizado para funcionar con pantallas táctis.

Windows 7, a próxima versión do sistema operativo que sairá á venda a finais de 2009, incluirá varias aplicacións para pantallas táctis como a posibilidade de mover fotos pola pantalla co dedo e non co ratón.

Na conferencia D: All Things Digital, organizada polo diario The Wall Street Jornal e que se celebra en Carlsbad (sur de California), Gates e Ballmer compartiron estrado e revelaron algúns detalles do próximo sistema operativo de Microsoft, que substituirá ao pouco exitoso Windows Vista.

Un empregado de Windows demostrou nun ordenador con pantalla táctil como Windows 7 permitirá navegar por un mapa en Internet co dedo ou tocar o piano nun teclado virtual na mesma pantalla.

"Hoxe case toda a interactuación é teclado-ratón", asegurou Gates, nunha das súas últimas aparicións como presidente de Microsoft, cargo que abandonará o próximo mes de xuño. "Nos próximos anos, o papel da voz, a visión, a tinta -todos eles- será enorme", afirmou o co-fundador de Microsoft.

Gates e Ballmer tiveron que responder a numerosas preguntas da audiencia sobre a oferta de compra sobre o portal Yahoo, que Microsoft retirou o pasado a comezos deste mes ao non lograr chegar a un acordo coa firma en Internet.

Ambos directivos sinalaron que Microsoft mantén conversacións para cooperar con Yahoo aínda que descartou que estean plantexando lanzar outra oferta de adquisición.