Pasar al contenido principal

O CPEIG imparte no CHUS de Santiago un taller de robótica e pilotaxe de drons para os nenos hospitalizados

Talle pilotaxe de drons

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartiu o pasado 3 de xaneiro un taller de robótica e pilotaxe de drons no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para os nenos e nenas que están hospitalizados. A xornada celebrouse de 11:00 a 13:00 horas na Aula Hospitalaria do propio hospital.

Con actividades deste tipo, relacionadas coas novas tecnoloxías, o Colexio profesional pretende fomentar o talento dixital dos nenos e nenas de toda Galicia. O taller é unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática. A xornada estivo impartida polo enxeñeiro en Informática Manuel Montesinos Miguélez e o enxeñeiro de Obra Civil Telmo López López.

"Os máis pequenos puxeron en práctica o seu talento dixital, desenvolvendo competencias persoais como a creatividade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía" –destaca Manuel Montesinos–. Ademais, o experto sinala que este taller serviu de xerme para que os nenos poidan experimentar novas calidades e comecen a interesarse polas novas tecnoloxías.

Piloto de drons, unha das profesións máis de moda

Ademais de escoitar unha breve explicación sobre o contido da xornada, os máis pequenos poderán probar as súas habilidades nos kits de robótica e probarán os circuítos de pilotaxe de drons. Co auxe actual dos drons e o aumento de ofertas de traballo relacionadas con esta tecnoloxía, os rapaces e rapazas coñecerán as diferentes partes do dispositivo, aprende a súa montaxe e farán probas de voo.