Pasar al contenido principal

Curso "Norma Técnica de Proxectos de Enxeñaría Informática para elaboración e dirección de TFG e TFM das Escolas"

Formación 1

Curso desenvolto grazas ao convenio de colaboración entre o Consejo General de Colegios Oficiales Profesionales de Ingenieros (CCII) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)

Formato: 100% online 

Cando: Do 4 de marzo ao 5 de abril de 2019 (25 horas lectivas)

Canto: Externos (desconto especial 15% por 1ª edición): 51,30 €. Colexiados/as (desconto 30%): 39,90 € 

Descontos adicionais: 

Profesores e estudantes UNED (desconto 20%): 45,60 €

Profesores e estudantes doutras Universidades (desconto 15%): 48,45 €

Fin prazo de matrícula: 24 de febreiro 

Obxetivos:  

  • Coñecer e utilizar a Norma Técnica para a realización da Documentación de Proxectos en Enxeñaría Informática, así como a documentación complementaria creada para facilitar a súa aplicación práctica con carácter xeral en calquera proxecto relacionado coas TIC.
  • Presentar exemplos prácticos de PFG, TFG e PFM, TFM realizados aplicando a norma para examinar e compartir cos asistentes as vantaxes que aporta o seu uso nos mesmos.
  • Coñecer de primeira man a experiencia dun profesor (ETSINF UPV) que tutelou varios destes PFG e PFM que se levaron a cabo facendo uso da normativa.

Dirixido a profesores e alumnos que realicen (dirixiendo ou elaborando respectivamente) Traballos de Final de Grao - TFG ou Traballos de Final de Máster - TFM en Escolas de Enxeñaría Informática (ETSI Informática da UNED ou en calquera Universidade en xeral). 

Temario: 

1. Integridade documental dos Proxectos de Enxeñaría en Informática

1.1. Estrutura da documentación do proxecto

1.1.1. A memoria

1.1.2. Os anexos

1.1.3. Os estudos con entidade propia

1.1.4. Control da integridade documental

1.2. Exemplos prácticos de TFG e TFM realizados coa normativa

1.3. Consideracións para o uso da normativa nas Escolas de Enxeñaría en Informática

1.3.1. A titorización dos TFG e TFM baseados na norma

1.3.2. A defensa do TFG e TFM baseados na norma

1.3.3. A avaliación do TFG e TFM baseados na norma

2. Riscos e oportunidades nos proxectos informáticos

2.1. Análise e Xestión de Riscos (AGR) nos proxectos en informática.

2.2. Necesidade de dispoñer dunha base de coñecementos de riscos

2.3. Ferramenta para facilitar o AGR dos proxectos informáticos 

Sesións síncronas/telepresenciais: 

Sesión 1: Introdución, Proxectos de Enxeñaría Informática, Estrutura e memoria da norma

Sesión 2: Especificación. Presuposto. Xestión do proxecto e Anexos relacionados.

Sesión 3: Seguridade, Riscos e anexos relacionados.

Sesión 4: Adaptación ao contorno profesional

Sesión 5: Casos prácticos. Proceso de Visado.

Metodoloxía: 

Curso online 100% 

5 horas de impartición síncrona do profesor cos alumnos (no seu defecto os alumnos terán dispoñibles os vídeos das sesións) e o resto de horas de traballo incluíndo debate e resolución de dúbidas asíncrono, traballos prácticos de avaliación etc., así como horas de traballo independente do alumno.

Sistema de avaliación: Test de avaliación e traballo final.

Docente: José Luis Poza Luján

Inscricións: https://www.fundacion.uned.es/actividad/idactividad/18971