Pasar al contenido principal

Segunda sesión do tres14.pm, con Víctor Salgado na Coruña

Sesión Víctor Salgado

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou a segunda sesión do novo proxecto tres14.pm., unha iniciativa que nace coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre colexiadas e colexiados e unha persoa relevante para a profesión. A actividade celebrouse no restaurante Árbore da Veira no Mirador do Monte de San Pedro da Coruña.

O persoeiro invitado foi o avogado especializado en TIC Víctor Salgado Seguín. O experto centrou a súa exposición en tres liñas argumentais: o regulamento sobre protección de datos, a lexislación relacionada coa intelixencia artificial, e o tratamento dos datos das redes sociais por parte dos partidos políticos.