O III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos, convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), xa ten os seus gañadores. En cada categoría os premiados foron os seguintes:
Categoría 5º-6º Primaria: Gañadora Elia Casares Nogueira do CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo, Ourense).
Categoría 3º-4º ESO: Gañador Adrián Álvarez Santos do CPI de Cova Terreña (Baiona, Pontevedra).
Centros con maior participación ex-aequo: Colexio Guillelme Brown (O Pereiro de Aguiar, Ourense) e CPI de Cova Terreña (Baiona, Pontevedra).