Pasar al contenido principal

O Parlamento modifica as bases do proceso para ingresar en dúas prazas da escala técnica de informática trala sentenza do TSXG

CPEIG imaxe

O pasado 2 de maio o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o acordo do Parlamento de Galicia no que se modificaban as bases do proceso selectivo para ingresar, por oposición libre, en dúas prazas da escala técnica de informática, ao estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) contra o citado acordo. 

O CPEIG celebrou esta sentenza na que se recolle que "non todos dos títulos oficiais resultan axeitados ou idóneos para o desempeño das funcións dos postos de traballo convocados, senón so aqueles que reúnan un nivel de coñecementos técnicos suficientes, comúns e relacionados coas referidas funcións".