Realizaranse dezaseis visitas a centros educativos das catro provincias galegas no mes de outubro dirixidas a escolares de sete a doce anos
Un contacontos explicará de maneira dinámica e participativa os perigos da rede e conceptos da ciberseguridade
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inician mañá mércores, 13 de outubro, a actividade Ciberseguranza Kids, unha iniciativa enmarcada no convenio de colaboración asinado polo CPEIG e a Amtega para a posta en marcha de actividades de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías en Galicia.
O obxecto da actividade, destinada a estudantes de entre sete e doce anos, é explicarlles que é a ciberseguridade a través dun contacontos dinámico e participativo. A era dixital abre un mundo de posibilidades que require dun bo uso das novas ferramentas por parte das nenas e nenos. Este iniciativa achega aos máis novos valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet. Ademais, esta iniciativa comprenderá a publicación do conto en dixital para a súa difusión permanente.
O contacontos “Ciberserguridade con Sofía” mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico ao alumnado os perigos da rede e da ciberseguridade. Tras o conto, o alumnado poderá preguntar dúbidas sobre a temática. A actividade finalizará cun obradoiro de debuxo guiado no que se seguirán as indicacións do ilustrador.
Realizaranse visitas a centros escolares das catro provincias galegas [Lugo: Antas de Ulla, Guitiriz, O Saviñao, e Portomarín; Pontevedra: Ribadumia, Barro, Catoira e Pontevedra; A Coruña: Zas, Ribeira, Santiso e Vimianzo; e Ourense: O Carballiño, Ourense, Ribadavia e Barbadás].
VISITAS CIBERSEGURANZA KIDS
13 de outubro
-Santiso. CEIP Santiago. 13 horas
-Antas de Ulla. CEIP Antas de Ulla. 14:40 horas
14 de outubro -Pontevedra. CEIP Álvarez Limeses. 8:45 horas
-Barro. CEIP Amor Ruibal. 13 horas
15 de outubro -O Carballiño. CEIP Calvo Sotelo. 13 horas
-Ribadavia. Escolares dos centros educativos do Concello. Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia horario. 9:15 horas
18 de outubro -Escairón (O Saviñao). CEIP Escairón (pendente confirmación horario)
-Portomarín. CEIP Portomarín (pendente confirmación horario)
-Guitiriz. CEIP Plurilingüe Lagostelle (pendente confirmación horario)
20 de outubro -Zas. CEIP Zas (pendente confirmación horario)
-Vimianzo (pendente confirmación centro e horario)
21 de outubro -Ribeira. CEIP Frión (pendente confirmación horario)
-Catoira. CPI Progreso (pendente confirmación horario)
-Ribadumia. CPI Julia Becerra (pendente confirmación horario)
25 de outubro -Barbadás. CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro (pendente confirmación horario)
-Ourense. Colexio Plurilingüe Luis Vives (pendente confirmación horario)