Pasar al contenido principal

O programa Mática organiza en outubro obradoiros tecnolóxicos en formato híbrido, online e presencial na Facultade de Informática da Universidade da Coruña

Matica outubro

Celebráronse tres talleres sobre as posibilidades da informática, a construción de Apps e a visión artificial con tres enxeñeiras informáticas 

Organizado polo CPEIG e a Amtega, está destinado a potenciar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre as rapazas de 12 a 18 anos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración das tres universidasdes galegas, celebran esta semana obradoiros tecnolóxicos do programa Mática, destinado a promover a vocación tecnolóxica entre as rapazas e a crear unha comunidade de rapazas de entre 12 a 18 anos en Galicia que permita desenvolver as súas competencias no eido das TIC. Mática forma parte das iniciativas previstas no marco do programa Tech Kids, froito do convenio de colaboración asinado polo CPEIG e a Amtega para a posta en marcha de actividades de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías en Galicia. 

O mércores-27, xoves-28 e venres-29 celebráronse tres obradoiros en formato híbrido, a través da plataforma Zoom ou de forma presencial na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña (UDC), na Aula 2.7, de 18:00 a 20:00 horas. As inscricións realizáronse en https://obradoiros-matica.eventbrite.es e de forma individual para cada taller. O mércores celebrouse o obradoiro “As posibilidades da informática: desde TikTok ata o ADN" que impartiu a enxeñeira informática, Máster en Ciencia de Datos, e actualmente estudante de doutoramento Delfina Ramos Vidal. O xoves a xornada foi sobre "Construíndo aplicacións móbiles con AppInventor", que impartiu Paloma Piot Pérez-Abadín, enxeñeira de Software en viesure innovation center. E finalmente o venres finalizou a actividade con taller "Introducción á Visión Artificial", impartido pola enxeñeira informática, doutora en Computación e docente na FIC, Lucía Ramos García.

Un contacontos para transmitir os perigos da rede 

Por outra parte, o luns 25 de outubro finalizáronse as visitas a centros escolares dentro do programa Ciberseguranza Kids do CPEIG e a Amtega. O obxecto da actividade, destinada a estudantes de entre sete e doce anos, foi explicarlles que é a ciberseguridade a través dun contacontos dinámico e participativo. Uns 800 estudantes de todos os puntos da comunidade participaron nas 16 sesións celebradas en colexios das catro provinciasl.

O contacontos “Ciberserguridade con Sofía” mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico ao alumnado os perigos da rede e da ciberseguridade. Este conto xa está dispoñible en versión dixital na web do CPEIG (Descargar libro).