Pasar al contenido principal

O colexio asistea ao Foro de discusión do plan de estudos de grao en Enxeñaría en Informática

Logotipo da Universidade de Santiago

Membros da Universidade de Santiago de Compostela (USC) reuníronse con representantes do CPEIG e das empresas do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) coa finalidade de que elas os asesoren na elaboración do plan de estudos do novo grao de Enxeñaría Informática, que se impartirá na universidade compostelá.

Á reunión acudiron responsábeis de empresas como R, Televés, Tecnocom, Coremain, Bren Entertainment, Caixa Galicia, Altia, Softtek, Imaxin Software, Finsa, IBM e HP, así como representantes da Consellaría de Sanidade. Durante o encontro, as empresas trasladáronlle á comisión da USC as que consideran necesidades formativas para os futuros graduados.

Ademais, a comisión redactora do plan de estudos conta coas achegas dun grupo externo de académicos formado por tres catedráticos das universidades de Granada, Complutense de Madrid e Castela a Mancha, todas elas con destacado prestixio na materia.