Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional, que se celebrará en Madrid no mes de abril
Onte pola tarde celebrouse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), na Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo (UVigo) e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago (USC) a Olimpíada Informática Galega (OIG 2022), organizado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), as tres universidades públicas galegas e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC).
No certame participaron 17 estudantes –13 rapaces e 4 rapazas– de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de once centros educativos das cidades da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, pero tamén de localidades como A Estrada, Culleredo, Noia, O Barco de Valdeorras e O Porriño.
Os gañadores foron: en primeira posición Óscar Carballo Puebla, natural de Castro de Rei (Lugo), e estudante de formación profesional do CPR Plurilingüe Liceo La Paz; e no segundo posto Paula Taibo Suárez, de Culleredo e estudante de 2º de Bacharelato do IES Rego de Trabe do mesmo municipio coruñés.
POSTO |
NOME |
PROBLEMAS RESOLTOS |
DATA DO ÚLTIMO ENVÍO ACEPTADO |
1º |
Óscar Carballo Puebla CPR Plurilingüe Liceo La Paz A Coruña |
6 |
17:34 |
2º |
Paula Taibo Suárez IES Rego de Trabe Culleredo |
6 |
18:54 |
3º |
Stevan Lino Gartz IES Ricardo Mella Vigo |
5 |
18:36 |
4º |
Javier Manotas Ruiz CPR Santo Domingo A Coruña |
5 |
18:39 |
5º |
Isabel Villar García CPR Colexio Manuel Peleteiro Santiago |
5 |
19:13 |
6º |
Marcos Álvarez García CPR Colexio Manuel Peleteiro Santiago |
5 |
19:18 |
7º |
Ares Caamaño Martínez IES Campo de San Alberte Noia |
5 |
19:34 |
Os dous finalistas galegos acudirán á Fase Nacional, que se celebrará os días 2 e 3 de abril en Madrid. O propósito das probas nacionais é seleccionar estudantes para participar na Olimpíada Internacional de Informática 2022, que este ano terá lugar do 7 ao 14 de agosto en Indonesia.
A OIG 2022 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Abanca, Apser, Atos, AWS, Bahía Software, Clúster TIC Galicia, Councilbox, Duacode, DXC Technology, Extreme Networks, Google Cloud, Grupo Tesalia–Emetel, Minsait (Indra), NetApp, Plexus e Sixtema. Grazas a estas entidades patrocinadoras, o certame contou con premios adicionais para os sete primeiros clasificados. Con posterioridade, celebrarase un acto de entrega de premios (data pendente de confirmar).
Os premios foron os seguintes:
-1º clasificado, Óscar Carballo Puebla: 400 euros e asistencia á XXVI Olimpíada Informática Española.
-2º clasificada, Paula Taibo Suárez: 300 euros e asistencia á XXVI Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado, Stevan Lino Gartz: 250 euros.
-4º-7º clasificados, Javier Manotas Ruiz, Isabel Villar García, Marcos Álvarez García, Ares Caamaño Martínez: 200 euros para cada un.
-Mellor programadora femenina, Paula Taibo Suárez: 150 euros.
-Mellor participante da ESO, Isabel Villar García: 150 euros.