Pasar al contenido principal

Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria do CPEIG para o vindeiro 17 de xuño

Logo CPEIG

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro 17 de xuño, en formato online a través da plataforma CouncilBox, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria.

O obxectivo principal é poñer en coñecemento das/os colexiadas/os das actividades e as contas do ano vencido, así como os orzamentos para o ano en curso. 

 

Todas/os as/os colexiadas/os contan con voz na asemblea, de xeito que é posible realizar críticas e suxestións que permitan orientar posibles eidos de actuación e melloras na xestión, para así conducir ao colexio a un mellor funcionamento e representación dos intereses comúns do conxunto de enxeñeiras/os da nosa comunidade. 

 

Nos días anteriores á asemblea estará dispoñible neste sitio web https://www.cpeig.gal/colexio/asemblea-xeral/asemblea-xeral-ordinaria1-2022 toda a información relevante sobre os temas obxecto da orde do día.

 

Documentos de este artículo