O Capítulo Galego de ISMS Forum celebrou o 12 de abril a IV edición do Foro Rexional de Galicia Abanca Auditorium na rúa Riego de Agua, 3 da Coruña. Interviron , entre outros, Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que abordou os desafíos que formula a Intelixencia Artificial en materia de privacidade e seguridade.
O colofón a este IV Foro Rexional de Galicia foi a presentación do proxecto colaborativo ‘Cybersecurity in a box’, unha ferramenta dirixida ás pemes centrada en propoñer unha metodoloxía e un rexistro de solucións, tanto gratuítas como de pago, para que as empresas poidan ir mellorando a súa situación en materia de ciberseguridade.