Esta inserción, unha das principais reivindicacións históricas do COIIPA, entrará en vigor proximamente e garantirá a “profesionalización en el proceso de digitalización de los distintos órganos del Gobierno asturiano”
A decana, Irene Cid, recollerá a distinción na gala da “XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o 16 de xuño en Santiago
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Especial CPEIG da “XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” de 2023 ao Colegio Oficial de Ingenieros en Informática del Principado de Asturias (COIIPA) pola súa contribución para que o Goberno asturiano aprobase a inclusión dos enxeñeiros en informática nos Corpos Especiais da Administración do Principado de Asturias.
O pasado 15 de marzo aprobouse o texto do Proxecto de Lei de Emprego Público de Asturias, que recolle este importante avance para a profesión de enxeñeiro en informática. Segundo explica o COIIPA, unha das principais consecuencias é a equiparación, por lei, dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática a outros enxeñeiros dentro da Administración Pública na Comunidade Autónoma de Asturias, en concreto dentro do corpo A/A1. “Esta normativa ejemplifica la visión de futuro del Gobierno del Principado de Asturias a la hora de modernizar sus administraciones. Desde el COIIPA valoramos muy positivamente los pasos que se han dado en lo referido a la profesionalización en el proceso de digitalización de los distintos órganos del Gobierno de nuestra comunidad” –indica a decana do COIIPA, Irene Cid–.
O COIIPA iniciou hai dous anos conversacións co Goberno e cos distintos grupos políticos da Junta General do Principado de Asturias para que esta inclusión na Lei de Emprego Público fose unha realidade, un diálogo que segundo Irene Cid frutificou no texto legal que axiña estará publicado no BOPA.
Cúmprese así unha das principais reivindicacións históricas dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática asturianos. O COIIPA agradece ao Principado de Asturias a súa predisposición, e a todos os colexiados e colexiadas a súa axuda e apoio. “Dentro de nuestra profesión nos felicitamos por este avance y equiparación. Agradecemos enormemente la predisposición de todos los partidos políticos y de la Administración del Principado de Asturias por conseguir incluir a los actores principales del proceso de digitalización en las distintas leyes que conforman nuestro Estado de Derecho, para su modernización de una manera segura y justa. Aún queda mucho trabajo por realizar, pero está nueva ley supone un avance importante. Ahora mismo nos encontramos estudiando, con la asesoría jurídica, las aplicaciones prácticas en la interpretación de esta ley y, desde el COIIPA, velaremos por su cumplimiento” –manifesta Irene Cid–.
A “XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” celebrarase o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago e a decana do COIIPA recollerá a distinción. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras/os en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.