AENOR e o ITG comparten o firme compromiso pola formación de calidade en temáticas de interese para a empresa e o profesional, a través dunha metodoloxía docente baseada en técnicas de formación de adultos, tratando as materias dunha forma práctica e participativa.
Para iso, realízanse sesións de transmisión de coñecementos teóricos e posteriormente o profesor involucra aos participantes en traballos en grupo para a realización de casos prácticos/exercicios, de forma que exerciten a metodoloxía exposta. Isto facilita a asimilación dos contidos e a transferencia posterior en situacións futuras.
O importe do curso está subvencionado polo ITG para favorecer o acceso dos profesionais e empresas galegas.
O calendario do curso é:
- 29 setembro 2008, de 9:30h a 14:00h y 16:00 a 18:30h
- 30 setembro 2008, de 9:30h a 14:00h y 16:00 a 18:30h
O curso inclúe:
- Emisión de certificado de asistencia por AENOR e ITG
- Entrega de documentación e normas aplicables
O importe do curso está subvencionado por ITG nun 43%, sendo o seu prezo final de 375 € (IVA incluido).
A inscrición realizarse vía web e pode consultarse información detallada no sitio web do ITC.