Pasar al contenido principal

A Fundación GoodJob organiza un webinar o 27 de setembro sobre o seu Programa de Voluntariado #IMPACT

Voluntariado Fundación GoodJob

A Fundación GoodJob celebrará o vindeiro mércores, 27 de setembro, un webinar sobre as súas accións de voluntariado, “Programa de voluntariado #IMPACT”, onde explicará os seus programas de base tecnolóxica, así como o labor das persoas voluntarias, os distintos roles que se poden ocupar e como facerse voluntarios e voluntarias. O encontro dixital comezará ás 18:00 horas. 

A Fundación dedícase á integración laboral de persoas con discapacidade e leva máis de 8 anos traballando con este colectivo. Logrou que preto de 550 persoas se prepararan no sector  tecnolóxico grazas aos Programas #IMPACT e o 70% delas atoparan un emprego.

Estes programas #IMPACT de empregabilidade son completamente gratuítos e realízanse de forma online. Están destinados a desenvolver competencias no sector da ciberseguridade, cloud, Big data e programación básica, algúns dos sectores tecnolóxicos con máis demanda de emprego na actualidade.

Inscríbete