Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG falou do impacto da tecnoloxía na adolescencia nunha xornada sobre convivencia positiva e prevención de conflitos en Santiago

xornada convivencia positiva

O presidente do #CPEIG, Fernando Suárez, participou o venres, 22 de setembro, nunha xornada sobre a convivencia positiva e prevención de conflitos, organizada pola Xunta de Galicia e celebrada na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Falou sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, facendo referencia ao estudo realizado por UNICEF, a Universidade de Santiago de Compostela e o CPEIG.

A xornada, que contou coa asistencia do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, congregou a preto de 350 docentes. O encontro contou con relatores como o experto no acompañamento para crear cultura da paz en centros educativos e institucións, Francisco Cascón, ou opsicopedagogo, orientativo e profesor de Psicoloxía Xeral e Evolutiva da UNED, Juan Vaello Orts, que abordaron temas como a convivencia positiva e as competencias docentes para o coidado das persoas e das relacións.