A asesoría Fisela e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizarán o vindeiro 27 de outubro a xornada “Mobilidade internacional de traballadores: as claves da súa xestión”. A actividade celebrarase de 8:45 a 14:00 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
A xornada centrarase en coñecer os aspectos máis importantes e prácticos nos que deben reparar aquelas empresas que presenten esta casuística. Contarase con grandes profesionais expertos na materia.