Pasar al contenido principal

CIBER.gal celebrarase os días 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura

III Cibergal

O III Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 2 e 3 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, presencial e streaming, organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o CPEIG.

Haberá talleres, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais e concursos de ciberseguridade. Contarase coa participación de recoñecidos profesionais como o hacker e experto en ciberseguridade Chema Alonso, e Esther Estévez, xornalista e presentadora en TVG, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.

Acollerá a entidades públicas e privadas de referencia no campo da seguridade da información e actividades destinadas para todos os públicos: Administración Pública, tecido empresarial e ciudadanía.

Inscríbete xa, algunhas actividades contan con prazas limitadas: https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/