O experto en contratación e director da consultora, Marcos Carbonell, analizou este proceso desde a psicoloxía do traballo e a visión dos recursos humanos
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a consultora de recursos humanos Vitae, con sede na Coruña, Vigo e Madrid, celebraron o pasado 23 de novembro unha charla formativa gratuíta sobre como captar e reter aos profesionais TI, ademais de como avalialos e seleccionalos para retelos nas empresas, debido a que no mercado TI hai moita máis oferta de emprego que candidatos dispoñibles, o que produce unha gran rotación nas empresas TIC, sobre todo os perfís de Desarrollo de Software. A conferencia, impartida polo experto en contratación e socio director de Vitae, Marcos Carbonell, celebrouse no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago.
Marcos Carbonell deu as claves para realizar esta selección e captación de persoal TI desde dous puntos de vista: o científico, que proporciona a psicoloxía do traballo, e desde a visión dos recursos humanos para conseguir resultados fiables e perdurables no tempo. "Os profesionais informáticos conseguiron nos últimos tempos grandes logros, como o teletraballo, a flexibilidade horaria, semana laboral de catro días, autonomía, autorganización, altos salarios, capacidade de elección de empresas e proxectos adaptados ao seu perfil e intereses, formación ou beneficios sociais, entre moitas outras” –explicou–.
O relator analizou os valores, as motivacións, a personalidade e os intereses destes profesionais TI, dentro de tres grupos profesionais; os técnicos, os xefes de proxecto e os directivos. Tamén comentou as ferramentas clave que utilizan as empresas actualmente para reter e captar aos profesionais TI, e os instrumentos que se implantarán no futuro.
Entre os seus logros, Vitae entrevistou a máis de 14.000 profesionais e formou a más de 33.000, o 95 % do sector TI, polo que se definen como unha consultora especializada no lado humano da tecnoloxía.