Pasar al contenido principal

Equipos de rapaces e rapazas da Coruña, Ourense, Catoira, Cuntis, Guitiriz, Ribeira, Oroso, Barreiros e A Cañiza reciben recoñecementos no Argallando.gal, concurso interxeracional para dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega

Entrega dos premios Argallando.gal

Os premios entregáronse nun acto celebrado no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura 

O CPEIG e a Xunta de Galicia impulsan esta iniciativa, no marco do programa ‘Techkids’  

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entregaron o venres, 25 de outubro, os premios ‘Argallando.gal’, iniciativa desenvolta este ano dentro do programa de fomento de vocacións tecnolóxicas entre a rapazada ‘Techkids’,  baixo o lema deste ano ‘Argallando entre xeracións’. O acto celebrouse no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura en Santiago e contou coa asistencia dos premiados e representantes do CPEIG –o vicesecretario Roberto Vieito, o secretario Juan José González, e o vogal Iván Luis Vázquez– e da AMTEGA.

Na procura da colaboración interxeracional para a resolución de diferentes retos tecnolóxicos, desenvolvéronse 28 sesións de ensinanza tecnolóxica (de deseño e impresión 3D, programación, robótica, drones e realidade virtual), dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos , entre os meses de setembro e outubro polas diferentes aulas CeMIT de Galicia que voluntariamente solicitaron participar e no GaiásTech, así como a organización do concurso de proxectos.

Os equipos participantes no certame desenvolveron proxectos creativos nos que se fusiona a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista, aportando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. Outorgáronse premios nas seguintes categorías:

•    XIGANTE ARGALLEIRO: Aquel proxecto que, con carácter global, destaque sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade.
•    NUBEIRO TECH: Aquel proxecto que empregue a tecnoloxía como eixo principal dunha forma especialmente interesante ou que sobresaia pola súa complexidade técnica.
•    ÁRBORE SENLLEIRA: Aquel proxecto que resulte da colaboración interxeracional entre participantes de idades moi diferentes e que pertenzan a diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes, etc.).
•    PROXECTO SEREA: Aquel proxecto que, ben polos seus contidos, ben pola súa presentación, logre transmitir dun xeito máis didáctico e atractivo algún elemento da cultura galega.
•    E-TRASNADA: Aquel proxecto que consiga sorprender por exceder o inimaxinable.

CATEGORÍA

EQUIPO E PROXECTO

AULA CeMIT

PROCEDENCIA

Nº E NOME DOS INTEGRANTES

RESPONSABLE

Xigante Argalleiro

Maximiño (Miño en Xogo)

Fisterra

A Coruña

5 (Carla Martínez Suárez, Carla Miñones Santos, Constanza Muíño Fuentes, Emmanuel Villar Deus, Leticia Vázquez Castiñeira)

Fina Paulos Lareo

Nubeiro Tech

Os Medulianos (O vencedor Breográn)

Castrelo de Miño

Ourense

3 (Marcos Suárez Gil, Gabriel González Pinal, Oliver García Méndez)

Marta González Pérez

Nubeiro Tech

Uxía Martínez (Admiración pola nosa cultura)

Catoira

Catoira

1 (Uxía Martínez Campaña)

Ana Belén Campaña

Arbore Senlleira

Fabían González (Meiga Gañadora)

Cuntis

Cuntis

1 (Fabián González Castro)

Mónica Castro Barros

Arbore Senlleira

Equipo ALA (A Lenda da torta de millo)

Guitiriz

Guitiriz

3 (Adriana García Losada, Aitor García Losada, Lucía Santos Abad, Isabel Perez Castedo -persoa maior)

Ana María Pérez Martínez

Arbore Senlleira

Adrián Montero (Trinidad)

Ribeira

Ribeira

1 (Adrián Montero)

Trinidad Pouso Millán

Arbore Senlleira

Sofía e Loaira (Mapa interactivo Catoira)

Catoira

Catoira

2 (Sofía Vidal Sumay, Loaira Tejero Gómez)

Javier Vidal Coira

Proxecto Serea

Estrela Michelín (As Estrelas da cociña galega)

Sigüeiro

(Oroso)

Sigüeiro (Oroso)

3 (Antonio Figueira Portela, Noé Giadás, Adriana Couselo Benítez)

María Dolores Portela

Proxecto Serea

Sabela González (Bolboreta)

Barreiros

Barreiros

1 (Sabela Fernández González)

Inmaculada González

 

E-trasnada

Vexeta nutricionista (Meiga contra personaxe fantástico)

A Cañiza

A Cañiza

4 (Óscar Tenreiro, Ismael Sendín, Xoel Sendín Soto, Stefan Markus Prenger)

Martín Tenreiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O equipo gañador do premio principal Xigante Argalleiro, "Maximiño" da Coruña, adscrito á Aula CeMIT de Fisterra, presentou un xogo para coñecer a historia, patrimonio, xeografía, igualdade e diversidade de Galicia. Para a súa construción, empregaron varias tecnoloxías e técnicas: madeira, NFC, cortadora láser, a radio, internet e reciclaxe. Todos os equipos gañadores recibiron un diploma acreditativo e un agasallo.